Comisión Académica

Está composta por:

  • Presidenta e coordinadora do Mestrado: María Fernández González
  • Secretario: Juan Carlos Mejuto Fernández
  • Sidonia Martínez Suárez
  • Herminia Domínguez González
  • María José Pérez Álvarez
  • Jesús Simal Gándara
  • Manuel Arias Estévez

Funcións da Comisión Académica:

  • Establecer as canles axeitadas para promover e facilitar a participación nos procesos de todos os membros da Facultade
  • Emitir documentos de traballo referidos á totalidade ou a unha parte do novo plan para a súa avaliación pola comunidade da Facultade
  • Coordinar os procesos de docencia do Mestrado
  • Avaliar convalidacións tanto de materias coma de estudos

Mecanismos de coordinación docente

Os labores de coordinación son realizadas pola persoa que coordine o Mestrado, pola Comisión Académica do Mestrado e polos coordinadores de cada materia (estas figuras son nomeadas anualmente pola Comisión Académica).

A persoa coordinadora do Mestrado e a Comisión Académica encárganse de que non haxa solapamentos entre materias. O coordinador de materia encárgase da organización secuencial do contido da materia e de organizar as actividades docentes en conexión con todos os profesores que participan nela. Para iso reúnese cos profesores de cada materia para decidir como se vai a impartir, solicitar o material necesario, recompilar os traballos a realizar durante a avaliación continua e as preguntas para o exame final. Unha vez finalizada a materia, o coordinador informa ao coordinador do Mestrado e comunícalle as posibles incidencias que tiveran lugar.

Ao finalizar cada curso, a Comisión Académica do Mestrado reunirase cos coordinadores de materia para analizar o transcurso do curso. Analizaranse os métodos empregados e os resultados acadados, valorarase a necesidade de realizar modificacións na organización académica, os sistemas de avaliación empregados, o profesorado do mestrado, etc. En base a esta información fixaranse os obxectivos para a seguinte edición do mestrado e as actividades a realizar que conformarán o plan de mellora.