O Mestrado en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental da Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo ofrece unha formación integral e multidisciplinaria, combinando teoría e práctica. O plan de estudos abarca tres especialidades ben diferenciadas, Ciencias Agrarias e Alimentarias, Procesos na Industria Agroalimentaria e Ciencias Ambientais. O estudantado participa en proxectos de investigación e colaboran con empresas e institucións líderes no sector Agroalimentaria en Ambiental da Comunidade Autónoma. A Facultade dispón dunhas instalacións modernas e equipamento de última xeración, asegurando unha contorna de aprendizaxe óptima.
Curso académico 2025/2026
Actividades docentes
| PERÍODO | INICIO | FINALIZACIÓN |
|---|---|---|
| Bimestre 1 | 15/09/2025 | 31/10/2025 |
| Bimestre 2 | 03/11/2025 | 16/01/2026 |
| Bimestre 3 | 19/01/2026 | 13/03/2026 |
| Bimestre 4 | 16/03/2026 | 08/05/2026 |
Actividades de avaliación
| Período | Datas |
|---|---|
| Bimestre 1 | do 27 ao 31 de outubro de 2025 |
| Bimestre 2 | do 12 ao 16 de xaneiro de 2026 |
| Bimestre 3 | do 19 ao 13 de marzo de 2026 |
| Bimestre 4 | do 4 ao 8 de maio de 2026 |