Charla: o mundo profesional do enxeñeiro agrario

O mércores 1 de outubro, de 13:00 a 14:00 horas, celebrarase na aula 1.5 da Facultade unha charla titulada “O mundo profesional do enxeñeiro agrario”, dirixida ao alumnado de 3º e 4º do Grao en Enxeñería Agraria (e por suposto o público en xeral).

A sesión será impartida por un antigo alumno da Facultade, Enrique González López.

Enrique é Enxeñeiro Técnico Agrícola e Licenciado en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, ademais de contar cun Máster en Dirección Pública Local.

Iniciou a súa traxectoria profesional como bolseiro na Consellería do Medio Rural, traballou no sector da construción, en obra pública e como formador en programas de capacitación laboral, complementando o seu perfil cun posgraduado en Xestión Ambiental e a titulación de Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais.

Máis tarde fundou unha consultora de servizos técnicos de enxeñería, impartiu formación continua en distintas Administracións Públicas e forma parte da Comisión Executiva do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos e Graduados Agrícolas de Ourense.

Actualmente, exerce como Técnico Municipal de Desenvolvemento Local no Concello de Manzaneda, onde impulsa proxectos vinculados ao desenvolvemento rural e a innovación territorial.

O seu percorrido profesional constitúe un exemplo de como a formación na nosa Facultade abre múltiples oportunidades nos ámbitos público e privado.

Instagram Concello de Manzaneda

Facebook