Xornada “Enzimas: Ciencia e Tecnoloxía 2019”

Xornada “Enzimas: Ciencia e Tecnoloxía 2019”
Xornada “Enzimas: Ciencia e Tecnoloxía 2019”

25 de outubro de 2019 ás 9.45 h

Aula Magna do Edificio Politécnico, Campus de Ourense

No ano 2009, realizouse a primeria Xornada “Enzimas: Ciencias e Tecnoloxía”. 10 anos despois prográmase unha nova xornada, na que se pretende revisar o estado da arte da investigación en Tecnoloxía Enzimática, tanto desde o punto de vista da investigación básica e alimentaria. Para profundar nestas cuestións, deseñouse unha xornada na que se programan conferencia de tres investigadores de primeiro nivel neste campo, xunto con representantes dunha empresa láctea galega que incorpora enzimas en procesos productivos innovadores e de Bioga, unha organización empresarial sen ánimo de lucro que aglutina ás organizacións integradas na cadea de valor do sector biotecnolóxico que teñen a súa sede en Galicia.

A primeira parte da xornada consistirá en conferencias de 20 minutos con 5 minutos de quenda de preguntas seguido dunha pausa para café. Na segunda parte, falarán os representantes de Queizuar S.L. e Bioga aportando o punto de vista empresarial, e finalizarase a xornada cun debate entre todos os participantes.

A xornada esá dirixida especialmente a estudantes de máster e de doutoramento pero tamen a toda a comunidade investigadora.

Programa

 

Organiza

María Luisa Rúa Rodríguez
Clara Fuciños González

Patrocina

Agrupación Estratéxica CITACA (Clúster do Campus da Auga)