Benvidos/as á Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo

A Facultade de Ciencias ten unha longa tradición no Campus de Ourense xa que é a herdeira dos estudos de Bioloxía, Química e Farmacia que se desenvolvían no antigo Colexio Universitario desde os seus comezos en 1974.

Dispoñemos de modernas instalacións docentes e investigadoras que nos permiten facer unha oferta educativa, de carácter integrador, no campo agro-alimentario-ambiental, en contacto coa realidade socioeconómica da nosa contorna e plenamente adaptado ao Espazo Europeo de Educación Superior.

Daremos resposta ás túas inquedanzas, ademais de facilitarche integración no Campus Universitario de Ourense no que as múltiples propostas de actividades –teatro, deporte, música etc.– favorecen a formación integral deses e desas profesionais do futuros.

¡Dámosche a benvida!