Recursos materiais
Aula teórica mediana
Capacidade: 54 postos
Aula de mediana capacidade. O estudantado permanece sentado. O mobiliario é de cadeira de distribución e organización variable.
Uso habitual: clases maxistrais a grupos medios e pequenos. Seminarios e obradoiros.
Aulas B.1, B.2, B.3, B.4, 1.1, 1.2, 1.3, 1.4, 3.3, 3.4, 3.5 e 3.6
Equipos informáticos de proxección analóxica e dixital para presentacións multimedia. Conexión a Internet. Outros medios para a docencia.
Aulas dotadas de cadeiras individuais con pala de escritura.
Aula teórica grande
Capacidade: 140 postos
Aula de gran capacidade. O estudantado permanece sentado.
Uso habitual: clases maxistrais a grupos medios e pequenos. Seminarios e obradoiros.
Aulas B.5 e 1.5
Equipos informáticos de proxección analóxica e dixital para presentacións multimedia. Conexión a Internet. Outros medios para a docencia.
Aulas dotadas de mobiliario fixo.
Laboratorios
Capacidade: 12-24 postos
Espazo dotado de material e equipamento de laboratorio axeitado para a realización das prácticas das diferentes materias das titulacións do centro.
Uso habitual: desenvolvemento de prácticas, traballos, exercicios ou proxectos de carácter teórico-práctico con uso de tecnoloxía específica.
- Laboratorio de Botánica (24 postos)
- Laboratorio de Bromatoloxía
- Laboratorio de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos (24 postos)
- Laboratorio de Física (24 postos)
- Laboratorio de Xeodinámica (24 postos)
- Laboratorio de Enxeñaría Química (18 postos)
- Laboratorio de Microbioloxía (24 postos)
- Laboratorio de Química (24 postos)
- Laboratorio de Análise Instrumental (24 postos)
- Laboratorio de Toxicoloxía (12 postos)
A Facultade de Ciencias dispón ademais dun invernadoiro e unha leira de prácticas no campus universitario.
Despachos do profesorado
O profesorado con docencia no centro dispón dun despacho para as súas tarefas docentes, realización de titorías,…
Salón de Graos
O Salón de Graos, con capacidade para 250 persoas, empregase para celebrar actos académicos e protocolarios, conferencias,…
Aula Magna
A Aula Magna, con capacidade para 400 persoas, empregase para celebrar actos académicos e protocolarios, conferencias,…
Sala de Xuntas e Sala de Profesorado
Espazos para 12-20 persoas, con medios audiovisuais, para a realización de reunións ou seminarios.
Delegación de estudantes
Outros recursos materiais do centro
Ademais das infraestruturas e dotacións ubicadas en espazos concretos de docencia e aprendizaxe, existe diverso material que pode ser empregado polo profesorado e estudantado na súa actividade no centro. O uso deste material é controlado polo servizo de conserxería da facultade mediante un sistema establecido que inclúe o compromiso para unha utilización axeitada por parte do persoal usuario. O material dispoñible consiste en: computadores portátiles, proxectores dixitais, reproductores de video en diversos formatos, monitores, escaleras de man, cables de conexión, etc. Se ben en xeral o estudantado debe custearse os materiais necesarios para desenvolver os exercicios e traballos programados nas distintas materias.
A Biblioteca central do campus de Ourense ofrece os seguintes servizos:
- Sala de lectura
- Computadores de información
- Rede WIFI
Horario
Luns a venres de 8.30 a 21.00 h
Na biblioteca dispóñense, nos seus fondos de carácter docente, de polo menos un exemplar de todas as obras recomendadas polos docentes nas distintas materias impartidas na Facultade de Ciencias. Dita lista é revisada todos os anos, no momento que o profesorado remite ao decanato a guía docente de cada unha das materias das títulacións que se imparten no centro.
Adicionalmente, as instalacións da facultade cumpren cos requisitos de accesibilidade que marca a normativa vixente. Regularmente avalíase a accesibilidade dos mesmos para persoas discapacitadas e todos os anos revísanse e eméndanse as posibles incidencias respecto diso en colaboración coa vicerreitoría correspondente e a Unidade Técnica da Universidade de Vigo.
Servizos Xerais
Conexión sen fíos
O edificio da facultade dispón de conexión sen fíos á rede da universidade e, a través dela, a Internet. Toda a comunidade universitaria ten acceso a este servizo mediante clave vinculada á súa conta de correo persoal proporcionada pola universidade.
Recursos docentes en rede
Como apoio á actividade docente presencial, a Universidade de Vigo pon a disposición do profesorado a plataforma informática MooVi con recursos en liña destinados á teleformación. Trátase dun servizo de especial utilidade tanto para o estudantado como para o profesorado, xa que permite a comunicación continua entre ambos así como o intercambio de material docente, realización de test, etc. Está a ser amplamente utilizada hoxe en día na docencia no centro.
Servizo de reprografía
A Biblioteca Universitaria dispón de máquinas de reprografía de uso libre que se xestiona a través de cartón de fotocopias. Así mesmo, na contorna da facultade existen servizos de reprografía xestionados por unha empresa externa.
Servizo de cafetería e restauración
O Centro dispón de servizo de cafetería, Así mesmo, situáronse na planta baixa e no primeiro andar, maquinas de café, bebida e alimentos para toda a comunidade. No campus existe un servizo de restauración central xestionado por unha empresa externa, a prezos reducidos fixados pola Universidade de Vigo.