Francisco Javier Rodríguez Rajo, novo presidente da Asociación Española de Aerobiología

O catedrático da Área de Botánica da Universidade de Vigo Francisco Javier Rodríguez Rajo é o novo presidente da Asociación Española de Aerobiología. Tras ocupar o cargo de secretario da entidade, foi proposto como presidente para dar continuidade ao traballo realizado nos últimos catro anos á fronte da asociación e a súa candidatura foi elixida a pasada semana por unanimidade.

“É un orgullo ser elixido presidente da asociación porque quen te elixe son os teus compañeiros e compañeiras. Agora toca traballar xuntos estes catro anos para conseguir máis cousas para a aerobioloxía e para a asociación”, apunta Rodríguez Rajo.

Ler a noticia completa no DUVI