Arredor de 150 persoas asistiron ao evento, que tivo lugar no edificio Politécnico do campus e que arrancou gardando un minuto de silencio polos incendios en Portugal. Na súa inauguración, Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia, subliñou a importancia da cooperación entre Galicia e o norte de Portugal apuntando que neste contexto o programa Iacobus supón “unha experiencia de éxito”. O titular do goberno galego, que felicitou ás entidades participantes polo traballo feito, puxo en valor a traxectoria desta iniciativa e o feito de que fomenta a colaboración entre universidades e centros de investigación de ambos lados da fronteira. Neste sentido, recalcou que o programa é un exemplo de como a colaboración entre territorios pode transformar as fronteiras en puntos de encontro.