Francisco Javier Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense; Nuno Almeida e Xosé Lago, director e subdirector respectivamente dá Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal, e Ángel Miramontes, director dá Fundación CEER presentarán mañá 12 de setembro o I Congreso do Programa IACOBUS, que se celebrará na Sala Marie Curie da Facultade de Ciencias de Ourense o día 18 de setembro dende as 10:00 horas.
Durante o mesmo conmemorarase os dez anos do programa de cooperación científica entre Galicia e Portugal, financiado co apoio da Unión Europea mediante o seu Programa Interreg España-Portugal.