O Instituto de Agroecoloxía e Alimentación da Universidade de Vigo nace coa vocación de converterse nun centro de referencia na promoción, a través da I+D+i, da transición cara sistemas agrolimentarios máis resilientes, sostibles, seguros e circulares.
Obxectivos do IAA
Os noso obxectivos estratéxicos son:
- Acadar maiores cotas de excelencia científica a través do desenvolvemento dunha Axenda Científica aliñada coas políticas e prioridades de I+D+i europeas, nacionais e rexionais
- Desenvolver, fixar e atraer talento
- Acadar maior impacto da investigación realizada no marco galego
- Posicionar e visibilizar o Instituto como un centro de referencia no eido da Agroecoloxía e da Alimentación
- Creación do Iberian Food Laboratory co Instituto Politécnico de Bragança (IPB)