O Catedrático Jesús Simal Gándara, membro do Grupo de Investigacións Agrarias e Alimentarias (AA1) da Facultade de Ciencias de Ourense recibiu esta semana un dos premios Picadillo 2025. Estes galardóns recoñecen a traxectoria profesional/investigadora de cociñeiros, viticultores e promotores da cultura culinaria galega que contribúen activamente á súa consolidación.
Jesús Simal, recibiu este premio no apartado Rural polo seu labor no fomento da recuperación do cultivo da oliveira na Comunidade Autónoma de Galicia.
Ler a noticia completa en Galicia Fórun Gastronómico
Para saber máis:
- O aceite de oliva de Quiroga busca no laboratorio o seu ADN
- O aceite galego, saudable e con valor diferencial