A Facultade de Ciencias do campus de Ourense acolleu este martes unha xuntanza de alumnado de cuarto curso dos seus graos de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e de Enxeñaría Agraria con alumnado homólogo das mesmas titulacións da Universidad de León. No encontro, o estudantado, máis de medio centenar, falou dos seus respectivos plans de estudos e actividades e dialogou sobre temas relacionados coas súas titulacións. Logo de visitar a Facultade de Ciencias, achegáronse á planta piloto de industrias agroalimentarias do campus, onde ademais das instalacións e tecnoloxías dispoñibles puideron coñecer de primeira man o traballo que realiza o grupo de innovación docente InfoTecAl, centrado no eido da tecnoloxía de alimentos