O campus oferta cinco cursos de verán para “refrescar ideas”

Baixo o lema Ideas frescas! a programación do campus de Ourense de cursos de extensión universitaria, os chamados cursos de verán, xa está en marcha. Nesta ocasión son cinco as propostas organizadas pola Vicerreitoría do campus con financiamento da Deputación de Ourense e que abranguen temáticas como a saúde mental da mocidade, o cinema galego, a historia e patrimonio de Ourense, a biodiversidade e a lingua de signos.

En Muíños terá lugar do 12 ao 14 de xuño o curso Biodiversidade ambiental, retos e perspectivas, dirixido desde a Facultade de Ciencias por María Fernández e que xa conta cunha traxectoria de case 30 anos. “Nel tratarase de avaliar dende unha perspectiva científica a grande importancia que teñen elementos como a conservación da biodiversidade, a dispoñibilidade de recursos hídricos, etc, para preservar a biodiversidade e asegurar un desenvolvemento sostible para a sociedade do século XXI”, apuntan desde a súa organización. A iniciativa permitirá ás persoas asistentes coñecer o espazo natural protexido da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés e desenvolver aptitudes de espírito crítico para unha educación e xestión ambiental.

Ler a noticia completa no DUVI