O campus oferta oito cursos de verán abertos á cidadanía

Francisco Javier Rodríguez e Rosendo Fernández durante a súa intervención. Foto do DUVI

Este luns presentouse no campus de Ourense a programación de cursos de extensión universitaria, os coñecidos como cursos de verán, que organiza a súa vicerreitoría con financiamento da Deputación de Ourense. Nesta edición 2025 son oito as propostas lanzadas e que abranguen desde o liderado e o termalismo ata o audiovisual e a sostibilidade. A inscrición está aberta á comunidade universitaria e á cidadanía en xeral.

A programación foi presentada por Francisco Javier Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense, e Rosendo Fernández, deputado de Representación Institucional da Deputación de Ourense.

Dentro destas actividades destaca unha nova edición do curso que cada ano acolle o Concello de Muíños, que nesta ocasión leva por título Retos actuais e futuros na conservación da biodiversidade. Baixo a dirección de María Fernández e María del Carmen Seijo, desenvolverase do 11 ao 13 de xuño e nel “abordarase desde unha perspectiva científica a relevancia de aspectos como a conservación da biodiversidade, a prevención de incendios forestais e a xestión responsable dos recursos naturais e hídricos, co obxectivo de garantir un desenvolvemento sostible no século XXI”.

Ler a noticia completa no DUVI