O proxecto Olivitech creará una ferramenta informática para facer un uso máis sostible dos produtos fitosanitarios nos oliveirais

Foto do DUVI

GO Olivitech. Optimización da olivicultura mediante análise tecnolóxica e aerobiolóxica. Este é o nome dun grupo operativo supra-autonómico, participado por socios de Galicia e Andalucía, entre eles a Universidade de Vigo, que busca avanzar cara un uso máis sostible dos produtos fitosanitarios no cultivo de olivas.

En Olivitech participan Feuga (coordinación), o Grupo de Investigación en Sistemas Agroambientais da Universidade de Vigo; o Grupo de Investigación Botánica Sistemática e Aplicada da Universidad de Córdoba; a empresa tecnolóxica Monet Tecnología e Innovación SL, e os produtores Aceites Abril SL, Deoleo Global e a cooperativa Oleand Manzanilla Olive SCA. O seu orzamento total é de 551.196,27 euros, cunha subvención estatal e europea de 543.206,47 euros. O grupo desenvolve un proxecto que busca aumentar a eficacia dos tratamentos fitosanitarios aplicados na olivicultura, baixar o número destes ao cinguirse aos imprescindibles e aumentar así a rendibilidade e a sostibilidade das explotacións.

Por parte da Universidade de Vigo participa o equipo do Grupo de Investigación en Sistemas Agroambientais da Facultade de Ciencias do campus de Ourense, dirixido por Francisco Javier Rodríguez Rajo, á cabeza, e formado polo persoal investigador María Fernández, Kenia Sánchez, Lucía Carrera, Aarón Novoa, Duarte Días e Guillermo Guada. O seu traballo céntrase en achegar ao proxecto os datos fenolóxicos e fitopatolóxicos das diferentes enfermidades que o cultivo da oliva pode sufrir.

Ler a noticia completa no DUVI