A Shanghai Ranking Consultancy, responsable do ránking ARWU (máis coñecido como ránking de Shanghai), acaba de facer público o seu Global Ranking of Academic Subjects (GRAS) 2025, a clasificación das mellores universidades do mundo en 57 materias de investigación. Nel, a Universidade de Vigo mantense como primeira universidade española en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e sube ao posto 17. Este resultado mantena como universidade de referencia en España nesta materia. En Oceanografía, está entre as 200 mellores (no traballo 151-200) e en Ciencias Agrícolas entre as 300 (no tramo 201-300). Noutras catro materias, a UVigo posiciónase entre as 400 institucións de educación superior referentes internacionalmente, é dicir no tramo 301-400. Trátase de Ciencias Atmosféricas, Biotecnoloxía, Ciencias Económicas e Ciencia e Tecnoloxía dos Instrumentos. Por último, a UVigo sitúase entre as 500 universidades do mundo (tramo 401-500) en Química, Ciencias da Terra, Farmacia e Ciencias Farmacéuticas e Ciencias Biolóxicas. Dez dos ámbitos repiten de edición 2024 do ránking e incorpórase como novidade Ciencias Biolóxicas.
O ránking de Shanghai sitúa a UVigo como mellor universidade de España e 17 do mundo en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
