Proceso de renovación da acreditación do Mestrado Universitario en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental da Universidade de Vigo

Durante a mañá do día 27 de xuño do presente ano, o Mestrado en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental da Facultade de Ciencias de Ourense será sometido ao proceso periódico de renovación da acreditación.

A subcomisión de avaliación, composta por membros da Universidad de Castilla-La Mancha, Politécnica de Madrid, Santiago de Compostela e da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, desenvolverá o seu traballo entre as 8:45 e as 15:00 na Sala de Profesores situada no primeiro piso do Edificio Politécnico.

Infórmase ademais que se disporá dun tempo de Audiencia Pública comprendido entre as 14:00 e as 14:15 para que toda persoa que desexe achegar algún tipo de información ao proceso poida facelo.