Un centenar de estudantes preuniversitarios participaron nunha xornada divulgativa sobre a exploración espacial

O campus de Ourense celebrou o día 10 a Semana Mundial do Espazo, unha iniciativa internacional proclamada polas Nacións Unidas e destinada á divulgación da contribución da ciencia e da tecnoloxía á mellora da condición humana, cunha xornada divulgativa na que un centenar de estudantes preuniversitarios achegáronse a través de charlas, talleres e exposicións, ao pasado, presente e futuro da exploración espacial.

A iniciativa formou parte da programación desenvolvida en diferentes localidades galegas por parte da Xunta de Galicia no marco da Iniciativa Estratéxica en Seguridade, Defensa e Aeroespazo. No caso do campus de Ourense, a actividade foi organizada pola Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, a Escola Superior de Enxeñaría Informática e a Facultade de Ciencias, contando co apoio da Vicerreitoría do Campus de Ourense, o Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA), Airbus e a asociación Ellas Vuelan Alto.

Na presentación da xornada, as profesoras da Universidade de Vigo que a coordinan, Nieves Lorenzo, Alma Gómez e Sidonia Martínez, salientaron que con esta acción quérese pór en valor a interdisciplinaridade da ciencia espacial, onde ten cabida desde a enxeñaría aeroespacial e a informática ata a ciencia e tecnoloxía dos alimentos.

Ler a noticia completa no DUVI