Un proxecto europeo liderado pola UVigo está a desenvolver un sistema de valoración económica dos beneficios de investir na saúde do solo

Foto do DUVI

Liderado pola Universidade de Vigo e cun orzamento de case seis millóns de euros, o proxecto InBestSoil reúne 20 socios de dez países co obxectivo de desenvolver un sistema de valoración económica dos servizos ecosistémicos proporcionados por un solo saudable e dos impactos das intervencións no solo. O seu reto é “converter os solos sans nun activo no que investir, non nunha carga que xestionar”, ofrecendo aos axentes implicados, desde agricultores ata gobernos, datos para restauralos axeitadamente e argumentos económicos para facelo, pois, indican desde a iniciativa, “investir na saúde do solo é rendible para todos”.

InBestSoil é un proxecto Horizonte 2020 financiado polo programa de Investigación e Innovación da Unión Europea en colaboración cos gobernos británico e suízo, financiado con 4,6 pola Comisión Europea. Arrancou en 2023 e remata a finais de 2026, reunindo desde universidades e pequenas e medianas empresas ata consultoras, agricultores e oenegués. Está liderado desde a Facultade de Ciencias do campus de Ourense por Andrés Rodríguez Seijo, do grupo de investigación Planta, Solo e Aproveitamento de Subprodutos (BV1) e do Instituto de Agroecoloxía e Alimentación da Universidade de Vigo.

Ler a noticia completa no DUVI