Este título pretende proporcionar a base para a formación de investigadores que desenvolvan a súa actividade de I+D+i nos diversos eslabóns da cadea alimentaria, desde o correcto manexo e conservación dos recursos naturais e o medio ambiente (fonte das materias primas) aos derradeiros avances en procesado ou biotecnoloxía, pasando pola calidade e a seguridade alimentaria, garantíndo unha formación integral e multidisciplinar que permita ás persoas tituladas desenvolver e implementar novas tecnoloxías no sector agroalimentario, así como o desenvolvemento de novos produtos e/ou a valorización dos que actualmente existen no mercado.
Información de interese
- Prazas: 30 prazas
- Tipo de ensino: semipresencial
- Periodicidade da oferta: anual
- Duración: 60 créditos ECTS
- Matrícula
- Guías docentes
- Ficha do Título
- Memoria da Titulación
Coordinación
María Fernández González
+34 988 387 076
mfgonzalez@uvigo.es
Matrícula
Área de Estudos de Posgrao
988 368 803 | 988 368 910 | 988 368 909
administracionposgrao.ourense@uvigo.es