O Traballo Fin de Máster consiste nunha investigación, orixinal e inédita, vinculada á práctica profesional.
Ao longo do curso o alumnado debe acometer un traballo de laboratorio co grupo de investigación que elixa. Logo de realizar o Traballo Fin de Mestrado, procédese á “Redacción-Titoría” de forma coordinada cos titores (como máximo 2 titores dos cales 1 debe ser profesor do Mestrado).
Seguindo as recomendacións marcadas pola Comisión Académica do Mestrado débese elaborar:
- Un documento en formato artigo de investigación (25-30 páxinas) co seguinte modelo:
– Portada –que debe incluír o nome do Mestrado da Universidade, Título do TFM, o nome do alumno e o nome do director ou do titor–
– Resumo
– Introdución
– Material e Métodos
– Resultados-Discusión
– Conclusións
– Bibliografía - Unha presentación en PowerPoint (máximo de 10 diapositivas) que será presentado diante do tribunal avaliador.
- A Folla de calificación do Titor.
Regulamento do TFM
Formularios do TFM
- Calificación do TFM
- Solicitude de defensa na secretaría (estudantado)
- Solicitude de defensa na secretaría (titor/titora)
Tribunais
- Tribunal avaliador do TFM
Calendario de defensa do TFM – Curso 2023/2024
Convocatoria | Defensa | Acta TFM |
---|---|---|
Do 02 ao 06 de setembro de 2024 | 11/09/2024 | Do 09 ao 13 de setembro de 2024 |
Calendario de defensa do TFM – Curso 2024/2025
Convocatoria | Defensa | Acta TFM |
---|---|---|
Do 10 ao 14 de febreiro de 2025 | 22/02/2025 | Do 26 ao 28 de febreriro de 2025 |
Do 02 ao 06 de xuño de 2025 | 18/06/2025 | Do 01 de xuño ao 04 de xullo de 2025 |
Do 10 ao 17 de xullo de 2025 | 23/07/2025 | Do 24 ao 29 de xullo de 2025 |
Do 01 ao 05 de setembro de 2025 | 10/09/2025 | Do 11 ao 12 de setembro de 2025 |