Profesorado dos Graos de Enxeñería Agraria e Ciencias Ambientais da Facultade de Ciencias, membros do Instituto de Agroecología e Alimentación do Campus Auga, participarán na presentación dos principais resultados derivados do proxecto “Novos aproveitamentos de emendas obtidas de residuos porcinos e forestais para a mellora da calidade dos solos” desenvolvido polo Grupo Operativo FEADER2022/015B e financiado pola Xunta de Galicia-AGACAL e Fondos FEADER.
Neste proxecto, ademais da representación antes citada da Facultade de Ciencias da Universidade de Vigo, tamén participan Seica-Seo S-L. como coordinadora do Grupo Operativo, a Comunidade de Montes Serra de Meda-Vences, Ana María Pérez Fidalgo (produtora agrícola) e o Profesor Adolfo López Fabal da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo-USC.